Thursday 25 de April de 2024

A Asemblea Xeral de Alternativa refrenda a lista electoral para as eleccións municipais


Corte: Cea Fría en Iñás

Nós, o que é Alternativa dos Veciños Oleiros, empezamos a nosa campaña, ou precampaña, fixémolo así durante todos os anos que levamos aquí. Facemos un percorrido por todas as parroquias antes das eleccións, indubidablemente, moito antes. O próximo venres vaise a facer unha cea fría en Iñás, na casa do pobo de Iñás, é a primeira que celebramos, vai ir por todas as localidades e as portas están abertas a todos os veciños. Este acto, é un acto… nós chamámolo cea fría, onde se pon un pincho e infórmaselle a todos os veciños da candidatura e dos proxectos que temos para estes próximos anos. Por tanto, ás 8.00 da tarde, perdón ás 9.00 da tarde, este venres en Iñás, a primeira cea fría que imos facer.